Sunday 28 de April de 2024

O Santuario da Barca será imaxe do cupón da ONCE que sairá o martes 8 de setembro


A presentación oficial deste fito será o xoves 3 do vindeiro mes.
O Concello de Muxía e a ONCE veñen de pechar o acordo mediante o cal se acordou que o Santuario da Virxe da Barca será imaxe do cupón da ONCE, e sairá o martes 8 de setembro e cuxa presentación oficial será o día 3 deste mes e na contorna do tan singular monumento. Ante a suspensión dos eventos relacionados coa Romaría da Virxe da Barca, en consecuencia coa incidencia da COVID-19, que o Santuario forme parte deste cupón será ‘unha lembranza de por vida para todas as persoas que adquiran os cupóns’, sinalaba o alcalde, Iago Toba.
Ao acto acudirá o rexedor muxián, ao que acompañará o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez. O Cupón Diario da ONCE ofrece 55 premios ás cinco cifras. Son comercializados polos 20.000 axentes vendedores e tamén se poden adquirir no seu sitio web.
O alcalde, Iago Toba, amosuse ‘moi contento por levar Muxía a todos os rincóns posibles. Os cupóns da ONCE son unha icona e forman parte do erario social en toda España, e para nós é un honor que unha destas series sexa ilustrada coa nosa Barca’, comentou o rexedor.